O USO DO ORDENADOR OU DUN MÓVIL
Comecei a utilizar o ordenador aos catro anos ou así, xa que era no que pasaba a maioría das miñas tardes. Tiña un ordenador portátil que meus avós me trouxeran de Suíza cando viñeran pasar o nadal a Galicia, este non tiña Internet nin ningunha das historias que hai agora, só tiña unha enciclopedia na que eu buscaba os meus animais favoritos e leía sobre a alimentación e a vida destes no seu hábitat natural. A enciclopedia a parte de ter información tamen tiña algún xogo, aos que eu xogaba todos os dias e acabei por aprenderme os niveis de memoria. Posteriormente meus avós mercaronme un ordenador de mesa, que é o que actualmente teño, e que e moi avanzado, agora, nel fago os traballos da clase, busco información e sobre todo o que mais me gusta facer nel e escoitar música coa porta pechada e estar tranquilo mentres ando en algunha rede social.