Wikipedia

Resultados de la búsqueda

miércoles, 5 de octubre de 2016

Práctica 03

 O USO DO ORDENADOR OU DUN MÓVIL
Comecei a utilizar o ordenador aos catro anos ou así, xa que era no que pasaba a maioría das miñas tardes. Tiña un ordenador portátil que meus avós me trouxeran de Suíza cando viñeran pasar o nadal a Galicia, este non tiña Internet nin ningunha das historias que hai agora, só tiña unha enciclopedia na que eu buscaba os meus animais favoritos e leía sobre a alimentación e a vida destes no seu hábitat natural. A enciclopedia a parte de ter información tamen tiña algún xogo, aos que eu xogaba todos os dias e acabei por aprenderme os niveis de memoria. Posteriormente meus avós mercaronme un ordenador de mesa, que é o que actualmente teño, e que e moi avanzado, agora, nel fago os traballos da clase, busco información e sobre todo o que mais me gusta facer nel e escoitar música coa porta pechada e estar tranquilo mentres ando en algunha rede social. 
En cambio o meu irmán vai ser un experto en ordenadores, xa que con tan só un ano xa era capaz de mover o rato e tiralo ao chan. Con tres anos ou así, o meu irmán andaba en Internet como si nacera con un exemplar na man, xa que o manexaba á perfección, sabía onde estaban as letras, sabía como entrar nos xogos que a el lle gustaban e tamén sabía poñer os vídeos ou a música que el quería.

En canto ao uso dos móviles... eu comecei moi pronto a manexalos, xa que con 6 ou 7 anos xa andaba no meu propio móbil xogando ao tetris ou a algún xogo dos de toda a vida. Polas miñas mans pasaron numerosos móviles, xa que os meus avós me regalaban un diferente e mais moderno cada ano. Agora mesmo o meu móvil viaxa conmigo a todos os lugares a cantos vou eu, xa que sempre o teño encima, porque gracias a el podo chamar a un familiar meu se me pasa algo, podo ver as noticias do mundo do deporte, e sobre todo podo xogar a algçun xogo que me gusta, escoitar música ou facer o que mais me gusta, andar no Whatsapp ou no Instagram. 

En canto a o meu futuro cos ordenadores e cos móbiles, eu quero continuar utilizandoos, xa que é do que quero vivir nun futuro, gustaríame traballar de enxeñeiro nunha gran empresa de móbiles ou se non pudera ser posible como enxeñeiro de ordenadores, e en último recurso sempre me quedaría  montar a miña propia empresa das tres cousas que mais me gustan na vida, a música podendo vender dende uns simples auriculares ata as complexas mesas de mesturas dun DJ profesional; os ordenadores vendendo portátiles, ordenadores sobremesa, tintas para impresoras, impresoras escáners etc...; os móbiles vendendo desde iphones ata móbiles chinos, con fundas, cristais temperados e moitas mais cousas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario