Wikipedia

Resultados de la búsqueda

miércoles, 14 de junio de 2017

Práctica 16: Ciberactivismo

Eu non son nin moito menos un ciberactivista, e as accións que eu realizo a través das miñas redes sociais son mais ben escasas; algún día compartín algunha publicación de outras persoas que me chamou moito á atención, pero a pesar diso, non son moi activo polas redes sociais.

Observei claros exemplos nos que miles e miles de persoas se xuntaron por unha mesma causa, pero pola contra, o Estado non fixo ningún cambio, moitas persoas organizan manifestacións polo paro que actualmente existe en España, pero a pesar das manifestacións, o Estado non envía ningún comunicado nin nada similar.

Baixo o meu punto de vista, é mellor unha manifestación nunha rúa do centro dunha gran cidade que crear unha páxina web na que persoas de todo o mundo poidan botar en contra de unha causa, xa que nesta páxina web, as persoas que están a favor desa causa, pechan a páxina e xa está, pero se é unha manifestación na rúa, non lles queda outra que escoitar a esas persoas que están protestando.

Eu creo que un claro exemplo disto é a discutida independencia de Cataluña, na páxina change.org (páxina web na que a xente bota a favor ou en contra de un tema discutido pola sociedade) había case 150.000 votos, pero pola contra, nadie falara disto ata que en setembro os medios de comunicación comezaron a sacar á luz que Cataluña se quería independizar.

Fai uns días, o meu pai ensinoume unha cousa, a cal quero compartir con todos os que estades lendo isto, o meu pai estaba mirando o Facebook, cando observou unha noticia a cal nos chocou bastante, na noticia viña a dicir que a famosa cadea de roupa, calzado..., Decathlon, tienda que hai no polígono de Santiago de Compostela e mais na Coruña, vendía ao público uns colares eléctricos para mascotas, o cal me pareceu unha aberración cara os animais e toda a fauna que existe, xa que que gilipollez e esa de porlle un colar eléctrico a unha mascota que supostamente queres e che fai compañía.
Estes colares cáusanlle graves dolores ós animais, como queimaduras, estrés , comportamentos agresivos, reaccións a estímulos agresivas... Eu opino que a venta destes colares o único que fai e fomentar a crueldade e a barbarie contra os animais e é un modo de adestrar aos animais moi cruel, xa que o animal sufre para ser adestrado, e o que non pode e sufrir, senón o animal non aprende porque el quere, aprende porque o obrigan.
Para que esta crueldade se poida parar, o que fixen foi firmar na páxina que nomeei anteriormente, change.org, espero que firmedes todos os que leades este texto!

No hay comentarios:

Publicar un comentario